"Amadís de Algures" teatro de títeres para escolares no Auditorio Municipal
A compañía de teatro Artello representará o espectáculo de títeres para escolares "Amadís de Algures" o mércores 11 no Auditorio Municipal . Esta actuación está enmarcada na "campaña do títere na escola" que promove a Deputación Provincial xunto coa Asociación Titerescola e que colabora o servizo de Educación do Concello de Vigo
Ao longo das dúas sesións matinais programadas para escolares ás 10,30 h e 12,00 h respectivamente, 470 alumnos/as de 1º e 2º ciclo de primaria pertencentes a 16 centros de ensino da cidade, terán a oportunidade de achegarse a disfrutar da referida obra teatral de títeres, ofertada no marco do programa educativo municipal "Vigo por dentro".
Os centros de ensino participantes son os seguintes: CEE Menela, Ceip Altamar, Colexio Compañía de María, Ceip Doutor Fléming, Colexio San José de la Guía, Ceip Vicente Risco, Ceip García Barbón, Colexio Santa Vedruna, Ceip Pintor Laxeiro, Ceip Igrexa Valadares, Ceip Coutada Beade, Ceip Lope de Vega, Ceip Emilia Pardo Bazán, Ceip Josefa Alonso, Ceip Mosteiro Bembrive e Colexio Possumus.
Na sipnose do espectáculo "Amadis de Algures", un bebé é depositado a bordo dunha arca para poñelo a salvo da guerra que asola o seu país. Baixo a protección da fada Urganda arriba a un reino afastado, onde é acollido polo cabaleiro Gandales e a súa dona Leonora.
A Compañía Artello Teatro foi fundado en Vigo no ano 1978. En 1994, Rosa Hurtado e Santiago Montenegro inician unha nova etapa de traballo máis artesanal co espectáculo A do libro (Premio á Mellor Estética na Mostra Internacional de Albaida, Valencia). Na actualidade mantén en cartel os espectáculos "Unha de amor" (1999) –Premio á Mellor Posta en Escéa en FETEN´99, Xixón-, "Amadís de Algures" (2002) e "De Fábula" (2005). Con todos eles participa habitualmente en festivais, campañas escolares e programacións para público familiar por todo o estado español.
Descargar todas as imaxes