Barcos de 11 países participan a partir do xoves no Meeting Internacional Optimist
A segunda parte da Semana Caixanova do Atlántico-Gran Premio Fundación Deporte Galego comezará este xoves, coa entrada en escena do Meeting Internacional Pescanova de Optimist. Xa confirmaron a súa presenza máis de 300 barcos de todo o mundo, entre os que estarán os principais especialistas europeos.
As probas realizaranse na ría de Vigo ata o domingo, con inicio na xornada inaugural ás 15:00 horas e os tres días restantes ás 10:30.
Finalmente serán once os países que estean na liña de saída: Malasia, Puerto Rico, Rusia, Holanda, Irlanda, Inglaterra, Alemaña, Francia, Italia, Portugal e España.
Unha das participacións máis destacadas é a do campión alemán Julian Authenrieth, que venceu o pasado ano en Vigo, e que vén coa intención de darlle outra vez ao Bayern de Munich a vitoria absoluta.
Tamén destaca a presenza de regatistas con gran proxección, como os asiáticos Yalta Falzani e Rufina Tan Hong (subcampións mundiais), o ruso Nikolaev Maxim e o campión holandés Jolbert van Dijk, así como Anna Burnett e Hill House, do Equipo Nacional de Inglaterra, e os compoñentes do Equipo Nacional de Irlanda Ross Vaughan, Timmy O´Laire e Cian O´Regan.
A representación italiana é numerosa, con moitos barcos de Fraglia Vela Riva, mentres que Francia presenta como máxima opción a Sacha Pelisson. Por Puerto Rico estará Iván Ajonte, bronce no Campionato de Estados Unidos deste año.
No referente a España, estará Galicia ao completo, participando tamén unidades de Cantabria, País Vasco, Cataluña, Valencia, Madrid, Murcia, Canarias e Andalucía, entre eles o equipo de España na súa totalidade.
Entre os españois sobresaen o actual campión de España José Manuel Ruiz, do Club Náutico do Mar Menor, así como o subcampión, Carlos Robles, do tarraconense Club Náutico El Garraf. Por Cantabria a máxima figura é Diego Botín, actual número un do ránking español.
De entre os galegos, é salientable a presenza dos compoñentes dos clubes do Náutico de Vigo, Náutico da Coruña, Castrelo do Miño de Ourense, Club Náutico de Portosín, Liceo Casino de Vilagarcía, Club Marítimo de Canido e Real Club Náutico de Sanxenxo.
Despois dos optimist, a próxima semana cerrará a Semana Caixanova do Atlántico outro grupo numeroso (con seguridade máis de 300 barcos), formado por embarcacións das clases vaurien, 420, snipe e láser. As probas deste grupo terán lugar entre o 20 e o 22 de outubro.
Descargar todas as imaxes