Escoitar

Cursos de formación para mulleres

A concelleira da Muller, Lucía Molares e a representante da asociación Xogais, Ana Castro presentaron hoxe os cursos "Identidade da Muller" e "As mulleres en sectores subrepresentandos" que se celebrarán na segunda quincena do mes de outubro na Casa das Mulleres (rúa Romil, 44)

mércores, 11 out 2006
1160570869cursosmuller111006.jpg
O curso "Identidade da Muller" pretende dotar ás participantes das habilidades necesarias para recoñecer as súas diferencias e potencialas para loitar pola igualdade. Tamén se fará un repaso polos mitos da historia que servirá como acicate contra as desigualdades; partindo do coñecemento dos erros poderase atopar as solucións. Este curso celebrarase os sábados do 21 ó 28 de outubro de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

O segundo curso, "As mulleres en sectores subrepresentados" pretendese mostrar ás asistentes os sectores económicos onde as mulleres caracen de representación, facer unha analise das causas, as alternativas, os medios para acceder a un empleo en condicións. Ten como finalidade que as asistentes gañen confianza en si mesmas para obter un posto de relevancia e para afrontar as dificultades para acceder a un posto de traballo de dirección. Este curso desenvolverase de luns a venres do 18 ó 27 de outubro de 20.00 a 22 .00 horas.
Descargar todas as imaxes