Escoitar

Aprobación inicial do proxecto de expropiación para a construcción dunha glorieta do segundo cinturón ao parque tecnolóxico e A Estrada do Foxo

<br />

venres, 13 out 2006
A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria de 11 de setembro de 2006 acordou:
"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio por taxación conxunta das fincas descritas no proxecto expropiatorio presentado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo (asinado pola "Directora Gestión de Suelo" e o "Director dos servicios técnicos y obras" ) o 30.05.06.

SEGUNDO: Proceder á apertura dun trámite de información pública polo prazo de un mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da Provincia, con notificación individualizada das follas separadas de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración a tódolos que aparecen como titulares de bens ou dereitos.

TERCEIRO: Solicitar do Rexistro da propiedade a información rexistral necesaria para a práctica da anotación do inicio do expediente expropiatorio, de acordo co establecido no artigo 22 do real decreto 1093/97."

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG, e nun xornal de maior difusión da provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate do mes contado dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aquelas persoas interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente.