Fin de semana dixital para mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, na Sala A!
As persoas interesadas no mundo dixital terán a oportunidade, esta fin de semana, de disfrutar realizando diferentes xogos deste modalidade en macropantallas. O evento terá lugar no espazo de Ocio Alternativo "Sala Ábrete", o sábado día 14 e o domingo día 15 de 18:00 a 21:30 horas na Sala A (Avda. Beiramar, 113).
A "Sala Ábrete" é unha aposta da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, en colaboración coa Sala A, de buscar novas alternativas ás ofertas de ocio que xa existen na cidade para os mozos e mozas de entre 14 e 18 anos.
Cada mes, de outubro a maio, realizarase unha programación diferente para a Sala Ábrete, que contará con actividades de animación, espectáculos, xogos, bailes, concertos en directo, obradoiros, festas temáticas (Entroido,fin de ano, etc).
A Sala Ábrete tamén estará aberta aos centros educativos e a outras entidades sen ánimo de lucro (como deportivas, xuvenís, de solidariedade, ...) coa fin de que poidan realizar actividades para recadar fondos destinados ás viaxes de fin de curso, campionatos, accións solidarias, etc.
Para máis información e tamén para consultar as novas programacións: Casa da Xuventude (López Mora, 31), teléfono 986 294 806, web: www.xuventudevigo.org