Melendi inaugura a nova sala de concertos do IFEVI
venres, 24 feb 2006O cantante Melendi protagonizará o concerto de inauguración do pavillón número 3 do IFEVI, ideado como recinto de concertos. A cita será o venres 10 de marzo ás 22 horas.
O cantante Melendi protagonizará o concerto de inauguración do pavillón número 3 do IFEVI, ideado como recinto de concertos. A cita será o venres 10 de marzo ás 22 horas.
Vigo acollerá do 8 ao 18 de marzo o seu Festival Alternativo de Teatro e Danza, que este ano chega á súa quinta edición baixo a denominación ALT’06. Con esta aposta polas creacións artísticas máis actuais e vangardistas, a Concellaría de Cultura completa unha programación estable de artes escénicas ao longo de todo o ano.
O xoves 23 , as 20,00 h. no salón de actos da Casa Galega da Cultura terá lugar a presentación do libro "Polos mares de Galicia – Ámbitos de Galicia 2005", no que se recollen os relatorios e intervencións do ciclo de conferencias que, baixo o mesmo título, se desenvolveu entre o 19 de maio e o 2 de xuño do 2005.
Ata o 26 de febreiro a Casa das Artes ofrece a exposición colectiva "9 x 9", conformada por 81 obras de nove artistas que xa mostraron os seus traballos na Casa Galega da Cultura nos anos 2004 e 2005.
A Casa Galega da Cultura amosa este mes unha exposición co título "Álbum fotográfico da Volvo Ocean Race 2005-2006 en Vigo" que organiza o Concello e que recolle en 24 imaxes a saída da regata do pasado 12 de novembro.
A Casa Galega da Cultura acolle desde o venres unha exposición co título "Álbum fotográfico da Volvo Ocean Race 2005-2006 en Vigo" que organiza o Concello e que recolle en 24 imaxes a saída da regata do pasado 12 de novembro.
O grupo municipal de teatro Trasnada presentará o próximo venres a curtametraxe "El Hallazgo" ás 21 horas na discoteca Émbassi.<br />
O MARCO acolle hoxe martes ás 19:30 a proxección das sete mellores curtametraxes realizadas en 2005 polos alumnos da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (EGACI).
O Auditorio Municipal vai ser o escenario onde se representarán, a partir do 11 de febreiro, as obras do programa "Con T de Teatro", destinadas todas elas ao público familiar. As representacións realizaranse sempre en sábado en dúas sesións: 12:00 e 18:00, con entradas a tres euros para os adultos e a dous para os nenos.
O MARCO acolle a partir de mañá venres 3 de febreiro, a mostra "Urbanitas". Nela, 30 novos creadores galegos nados a partir de 1970 presentan as súas actitudes e percepcións vencelladas ao contexto e espazo urbanos.