A Fundación Reveriano Soutullo recupera dezaito partituras do músico galego
O Concello de Vigo facilitou á Fundación as instalacións e equipos informáticos precisos para desenvolver este traballo, cuxos primeiros resultados foron presentados hoxe xoves.
A Fundación Reveriano Soutullo Otero constituiuse no ano 2003 co gallo de divulgar a obra do músico ao tempo que se recuperaba e catalogaba o seu traballo. Tres anos despois, a Fundación logrou recuperar xa dezaoito partituras do músico galego, coa colaboración do Concello de Vigo e do IGAEM.
Durante este tempo lograron recuperarse moitos traballos de Reveriano Soutullo dos que só se coñecía o nome, pero que non foran editados antes, o que os convirte técnicamente en inéditos, xa que se atoparon os manuscritos orixinais.
Despois da morte de Soutullo en 1932, a súa familia deixou Madrid para instalarse en Barcelona no transcurso da Guerra Civil. A casa familiar na capital de España foi ocupada despois por moitas persoas que fuxían das bombas e do fragor das batallas, e as partituras de Soutullo que quedaron alí foron usadas por esta xente para quecer.
Estos traballos perdéronse para sempre, pero xunto a eles desapareceron outros da primeira etapa do artista que é os que a Fundación tenta recuperar. Algunhas partituras, segundo explica a súa presidenta, María Rosa Arija Soutullo, neta do músico, fóronse atopando buscando nos arquivos da Biblioteca Complutense, da Biblioteca Nacional ou do Conservatorio Superior de Música, entre outros sitios.
Pola correspondencia do autor, conta a súa neta, saben que editou moitísima música de banda. De feito, no ano 1923 aseguraba ter unhas duascentas obras para bandas. Aínda non se sabe nada da maioría deste traballos. Pero si se recuperaron outros, entre eles moitos manuscritos, dos que ata o de agora só se coñecían os títulos. Entre estas obras recuperadas están "Pasodoble a Vigo", "Loor a Vigo", "Himnos a Vigo", "Dolora, Juanita", "Amores de aldea" e "Día de labranza".
Descargar todas as imaxes