Escoitar

Vigozoo apela durante o Nadal á solidariedade dos rapaces e rapazas

Os rapaces e rapazas de 3 a 16 anos poderán mostrar a súa solidariedade este Nadal levando un alimento non perecedoiro ao zoolóxico da Madroa. A cambio, Vigozoo deixaralles entrar gratis nas súas instalacións.

xoves, 7 dec 2006
Os alimentos serán entregados posteriormente á orde relixiosa dos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Teis, que se encargarán de distribuílos entre os que máis os necesitan.

Ademais, os rapaces e rapazas de 6 a 16 anos que participen nesta campaña, que ten por lema "Un neno, un alimento", poderán participar no concurso de debuxo asociado. As bases do concurso son as seguintes:

- Os concursantes, de idades comprendidas entre 6 e 16 anos necesariamente, terán que visitar o zoo calquera día do 1 de decembro ao 8 de xaneiro, levando un alimento non perecedoiro ao parque e cubrindo unha ficha de inscrición que incluirá os seus datos persoais, para unha posterior identificación do autor.

- Os traballos, que terán forma de postal, deberán ser inéditos e non poderán participar en calquera outro concurso ou certame. Poderán realizarse no momento nas instalacións do parque ou con anteriodade e entregados na visita ao parque.

- Haberá catro categorías:
1. Categoría A: De 6 a 7 anos inclusive.
2. Categoría B: De 8 a 10 anos inclusive.
3. Categoría C: De 11 a 13 anos inclusive.
4. Categoría D: De 14 a 16 anos inclusive.

- As postais deberán ser elaboradas única e exclusivamente pola parte habilitada da folla de inscrición, e poderase empregar calquera técnica: lapises de cores, acuarela, pinturas acrílicas, craiolas, tintas, óleo, pastel, deseño informático, etc.

- Cada concursante só poderá participar cunha soa obra.

- Entregaranse as obras directamente nas instalacións de Vigozoo, onde permanecerán expostas o tempo que Vigozoo considere. O prazo de entrega será dende o 1 de decembro ata o 7 de xaneiro inclusive.

- O xurado estará composto por distinto persoal de Vigozoo e valorará os debuxos tendo en conta aspectos artísticos, técnicos e creativos.

- Unha vez rematado o concurso, exhibiranse todas as obras seleccionadas nas propias instalacións de Vigozoo, onde figurará o nome do/a autor/a, a idade e se é premiado.

- O fallo do concurso farase público o 16 de xaneiro do 2006 e comunicarase individualmente aos premiados. Este fallo será inapelable. Se o xurado así o estimase todos ou algún dos premios poderían quedar desertos de non chegar á calidade mínima esixida en canto á participación e/ou técnica empregada.

- Dentro de cada categoría haberá tres premios (1º, 2º e 3º) subvencionados por empresas colaboradoras ou polo propio zoo.

- As obras quedarán en poder de Vigozoo, cedendo os participantes todos os dereitos de imaxe relacionados con ditos debuxos, a efectos publicitarios, divulgativos, promocionais, etc., e aceptando como única contraprestación os premios que eventualmente poidan obter.

- Os participantes aceptan as bases do concurso polo feito de inscribirse e participar nel.