Escoitar

O Belén da Praza de Compostela recibe os últimos retoques

Todo está case preparado para que os vigueses poidan gozar, a partir desta fin de semana, do tradicional Belén da Praza de Compostela. O Belén recrea con total fidelidade a época na que viviu Xesús, xa que está rigorosamente baseado nos datos das construcións dos séculos I e II. <br />

xoves, 7 dec 2006
O eixo central da montaxe é o Misterio, pero tamén están o Castelo de Herodes e figuras típicas dos nacementos máis clásicos, como os pastorciños e os Magos. Ademais, na Praza de Compostela construíronse varios "sets", nos que poderá verse o estilo de vida dun ferreiro, un panadeiro, un carpinteiro, un froiteiro e un alfareiro.