Exposición sobre "Laxeiro debuxos inéditos IV" dedicada ó retrato
A Fundación Laxeiro inaugura hoxe venres, ás 20.00 h. a exposición titulada "Laxeiro, debuxos inéditos IV, retratos sobre papel". Esta IV edición da serie "Debuxos inéditos" está Formada por 24 retratos pertencentes a coleccións privadas de Vigo, Lalín, Lugo e Madrid que por primeira vez se exhiben en público.
O talento de Laxeio para captar a sicoloxía dos seus modelos é ben coñecido, unha habilidade que lle ven da súa época de barbeiro ambulante, profesión que adoitou ó seu regreso de Cuba, en 1925 o que lle veleu o alcume de "Barbeiro pintor". Nestes anos Laxeiro retratou sen descanso a personaxes populares do seu entorno, un exercicio co que aprendeu os segredos do debuxo, pasando a ser o retrato o xénero por excelencia no que experimentaba novas técnicas e linguaxes ata o final da súa traxectoria, xa nos anos noventa do século XX.
Como xa é habitual en Debuxos inéditos, a mostra invita a un achegamento íntimo ó traballo de Laxeiro que, esta vez centrada no retrato, fai un percorrido polo proceso creativo do artista. Así, pódense ver bosquexos e apuntes que amosan o aspecto procesual e a utilización de diferentes recursos debuxísticos e pictóricos, ademais de obras rematadas nas que se pode aprezar a resolución exitosa, por veces xenial, de problemas formais plantexados nos debuxos preparatorios.
Destacan os retratos de amigos como a magnífica augada de Emilio Riego, a tinta do poeta arxentino e amigo Luis Alberto Quesada ou as sanguinas da Viuva de Arguindey e de Blanca Feijoo. Hay tamén dous curiosos autorretratos, un lapis sobre papel de 1928, desde o que nos mira un Laxeiro de vinte anos, no que xa se apuntan formas do que será o grande pintor e debuxante galego do século XX; e outro autorretrato de 1941, moito máis personal, dun artista xa feito, neste caso con claras reminiscencias do seu admirado Rembrandt. A Rembrandt recorda tamén unha fiandeira de mediados do século pasado, un delicioso lapis sobre papel de reducidas dimensións que se expón xunta outras tres pezas de pequeno formato con caras femininas dunha calidade exquisita.
Hai tamén interesantísimos bocetos entre os que destaca un estudo de cara do famosísimo óleo titulado O Naranxo, de 1972 e diversos rostros de nenos e adultos que, sen dúbida foron bosquexos preparatorios para posteriores obras sobre lenzo.
A exposición abrangue pezas desde os anos vinte ata os anos oitenta, e a totalidade delas son froito do traballo de catalogación que a Fundación Laxeiro está levando a cabo desde 2001, cara á edición do catálogo universal en 2008, polo que, tamén quere ser un reclamo para animar a todos aqueles que posúan algunha peza de Laxeiro descoñecida, por moi pequena que sexa, a que se poñan en contacto coa Fundación e así, poder ter coñecemento da súa existencia.
A exposición poderá visitarse ata o 4 de marzo de 2007.