Variedade de bailes nas "tardes e noites vivas"
Esta fin de semana, os mozos e mozas de Vigo están invitados a practicar o tipo de baile ou danza que máis se aproxime ao seu estilo. Esta actividade terá lugar dentro do programa "Tardes e Noites Vivas" da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo.
Os bailes elixidos son:
Batuka: O venres, ás 23:00h. no Pavillón Municipal de Deportes de Coia (Avda. Castelao, s/n) e ás 23:30h. no Pavillón deportivo do Instituto do Castro (R/ J.G.Posada Curros,1 Entrada lateral, fronte a pista deportiva).
Bailes latinos: Venres, ás 23:15h. no Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (entrada pola rúa Jacinto Benavente, 1).
Danza oriental: O venres, de 18:00 a 19:OO no Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas).
Capoeira: O sábado, a partir das 22:00h. no Pavillón deportivo do Instituto do Castro.
Baile moderno: No Pavillón Municipal de Deportes do Berbés, o sábado ás 23:15h.
Break dance: No Espazo Xove do Castro, o sábado ás 17:00h.
Ademais dos bailes, tamén están programadas outras actividades como:
Deportes: Esgrima, varios encontros de baloncesto "Vigo en Xogo", musculación e diversos tipos de pachangas deportivas.
Novas tecnoloxías: Conexión Wifi, bluetooth, internet, chat, messenger, elaboración de páxinas web e, incluso, torneos de Play Station, liga de xogos en rede, etc.
Obradoiros: Cociña, teatro, pendentes, chaveiros, carteiras, chapas, protocolo, diábolo, reciclaxe de CD´s, gomaespuma, etc.
Espazos para quedar: salas a disposición dos mozos e mozas para poder quedar cos amigos e simplemente charlar ou realizar actividades libres coma futbolín, ping-pong, xogos de mesa, etc.
Cada unha destas actividades ten un horario determinado dentro do intervalo que vai dende as 17:00 ata a 1:30 da madrugada dos venres e sábados.
Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31) Tfno. 986 294 806 ou na web www. xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes