O Concello instala un sistema de telecontrol de vixiancia de verquidos ao Lagares<br />
A alcaldesa, Corina Porro, presentou hoxe o sistema de Telecontrol e Telemando das instalacións da rede de saneamento de Vigo que permite optimizar a súa xestión e explotación, reducindo ao máximo o risco de alivios incontrolados ao mar e posibles vertidos ao río Lagares.
O sistema de Telecontrol permite o envío automático de alarmas a teléfonos móbiles ao persoal de mantemento e técnicos municipais a través dunha mensaxe desde o centro de control de Lagares o que fai posible a comprobación, en tempo real, do control de consumo enerxético das estacións de bombeo, o rexistro de alarmas, a consulta de datos e a consulta das principais variables de funcionamento das depuradoras do Lagares e de Teis desde as propias dependencias do Concello.
Cun investimento de 1,2 millóns de euros financiados, o 80 por cento con Fondos Europeos e o 20 por cento polo Concello de Vigo, o sistema de telecontrol instalado céntrase fundamentalmente en tres puntos: o río Lagares, a Depuradora do Lagares e o colector de Marxe de Ría.
Coa instalación de cinco puntos de control ao longo do Río Lagares pódese controlar, en tempo real, a calidade do auga do río, así como todos os vertidos que puidesen producirse, desde a Depuradora ata Cabral.
Ademais, na depuradora do Lagares instaláronse catro puntos de detección de cheiros, que controlan os niveis de sulfídrico (gases), así como os alivios ao río e o caudal e calidades de auga á entrada e á saída da planta, a través do emisario cara ao interior da ría.
No colector de marxe de ría, o sistema permite controlar o funcionamento das bombas ou os niveis de ph e conductividade, así como os vertidos. Por exemplo, pode detectarse unha posible entrada de auga salada, algo que prexudica en gran medida o funcionamento da planta.
O sistema de Telecontrol componse dun centro de control na Estación Depuradora de Augas Residuais do Lagares, tres Centros de Supervisión (no Concello, nas oficinas da concesionaria aqualia e na depuradora de Teis), e unha rede troncal de comunicacións entre eses centros de control.
Toda esta infraestructura contribuirá, máis concretamente, a un funcionamento máis eficaz e autónomo das instalacións, facilitando ademais o mantemento e reparación de avarías. Permitirá dispoñer dos datos de xestión en tempo real, anticipar situacións de alivios ao mar a través da coordinación da regulación de comportas, controlar a calidade do efluente da EDAR do Lagares e vixiar a xeración de gases nesta depuradora, así como controlar a calidade do auga do río Lagares. Ademais, coa instalación de cámaras de televixiancia, controlarase o funcionamento xeral da planta.
A posta en funcionamento do Telecontrol supón un gran avance no sistema de depuración das augas residuais de Vigo, xa que aporta importantes melloras no control de vertidos e no mantemento do sistema de saneamento do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes