Visita da alcaldesa ao centro "Saladino Cortizo"
A alcadesa visitou esta mañá o centro de educación especial "Saladino Cortizo" onde o Concello está a realizar obras de reparación do peche perimetral por un importe de 24.640 euros.
O centro sitúase na rúa Carballal, na parroquia de Cabral. O centro escolariza a un total de 79 alumnos en idadades comprendidas entre os 3 e os 21 anos e ten como obxectivo conseguir o pleno desenvolvemento do alumnado en todas as súas facetas, traballando aspectos intelectuais e habilidades da vida cotiá.
O Concello investiu no centro o ano 2004 para pintado de aulas 4.948 euros; no ano 2005 conveniado co Deputación realizaronse obras de peche perimetral por importe de 60.055 euros e este ano 2006 completaronse as obras de peche cun importe de 24.640 euros.
Descargar todas as imaxes