Escoitar

A alcaldesa visita as obras de urbanización de Barreiro

A alcaldesa ,Corina Porro e o concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa visitaron esta mañá a parcela de Barreiro onde comezaron a primeiros de mes as obras de urbanización que comprenderán unha superficie de 103.581 m2 e un investimento total de 3.432.151 euros.

martes, 21 nov 2006
1164113543corinabarreiro.jpg
Na parcela de Barreiro , onde xa está construída a residencia xeriátrica, terá a seguintes instalacións e servicios:
- edificio de servizos municipais, no que se incluirán un centro sociocultural, un centro ocupacional, atención cidadá, locais para asociacións veciñais, gardería infantil, biblioteca, ludoteca e locais comerciais cunha superficie total construída de 5.832 m2 en tres plantas cun soportal de 1.136 m2 e unha praza interior de 1.698 m2
- piscina cuberta
- pavillón de deportes, rehabilitando unha edificación existente de 952 m2 construídos
- edificio de apoio aos equipamentos deportivos, rehabilitado unha edificación existente de 1051m2 construídos e 4610m2 de espazos libres e xardíns anexos, e unha zona deportiva con varias pistas de 6267 m2 de superficie total.
- edificio en bloque lineal para cen vivendas de protección autonómica distribuídas en catro plantas
- gran parque con xardíns, paseos peonís, estanque e regato cunha superficie total de 42.686 m2.

Todas esta actuacións realizaranse en dúas fases independentes, si ben a posta en funcionamento da segunda necesita da terminación das obras que se realizarán na primeira fase .

A primeira fase das obras contempla todos os viais incluíndo os servizos urbanos (abastecemento, rego, pluviais e saneamento, alumeado, rede eléctrica, de gas e telecomunicacións) Tamén inclúe a retirada do mobiliario existente, demolición das estructuras e pavimentos aínda presentes. O presuposto da primeira fase é de 2.598.222 euros.

A segunda fase comprende o resto das actuacións no parque e xardíns, áreas peonís entre os equipamentos deportivos así como a construcción do campo de fútbol. O presuposto desta segunda fase é de 833.928 euros.
Descargar todas as imaxes