Escoitar

Escolares de tres institutos celebran o Pleno Infantil adicado a igualdade entre xéneros

Co motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno, o Concello de Vigo organizou hoxe, por séptimo ano consecutivo, o Pleno Infantil co obxectivo de garantir a participación dos máis xoves na vida do municipio. Este ano o Pleno abordou a igualdade entre xéneros e a iniciativa contou por primeira vez coa colaboración da Concellería da Muller e o Fondo de Naciones Unidas para la Infancia (UNICEF).<br />

luns, 20 nov 2006
1164026737plenoinfantl1.jpg
27 escolares de tres institutos de Vigo participaron nesta iniciativa en representación dos seus compañeiros e compañeiras. Os integrantes desta xove corporación municipal cursan 3º e 4º da ESO e pertenecen aos Institutos de Educación Secundaria de Teis, Ricardo Mella e O Castro. Cada centro estivo representado por 9 concelleiros ou concelleiras, entre os cales se elixiu a Nina Boente Mored do IES de Teis como nova alcaldesa infantil.

A Alcaldesa de Vigo, Corina Porro Martínez, presidíu o inicio da sesión e delegou en Marta Iglesias Bueno, Concelleira de Participación Ciudadana o desenvolvemento do Pleno. A sesión contou coa presencia, tamén, da Concelleira da Muller, Lucía Molares, que propuso a temática do pleno deste ano.

A cuestión principal que se abordou no pleno foi a igualdade entre xéneros. A través deste eixo temático, os participantes expuseron cómo viven a desigualdade de sexos e as súas propostas para mellorar as situacións de discriminación co fin de convivir en igualdade de dereitos e condicións. A temática foi traballada previamente en clase por profesores, alumnos e alumnas.

Das propostas presentadas no Pleno Infantil redactarase unha declaración que se transmitirá á Alcaldesa de Vigo e ao resto da Corporación.

A iniciativa do Pleno Infantil representa un compromiso do Concello de Vigo para garantir un dos dereitos fundamentais de todos os nenos e nenas menores de 18 anos, o dereito á participación infantil. A Convención sobre os Dereitos do Neno, ratificada por España en 1990 expoñe no seu artígo 12º que "El niño tiene derecho a expresar su opinión y a que ésta se tenga en cuenta en todos los asuntos que le afecten". De este xeito, o Pleno Infantil que se celebrará o vindeiro luns 20 de novembro en Vigo é un primeiro paso para traballar na garantía dese dereito na cidade.

A organización do Pleno Infantil realizada polo Concello de Vigo e unha das experiencias que se valorarán positivamente na candidatura deste municipio a Cidade Amiga da Infancia que, UNICEF e a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) otorgan cada ano, como recoñecemento a aqueles municipios que promovan políticas municipais que teñan como obxectivo garantir os dereitos da infancia.
1164026737plenoinfantl1.jpg
1164026766plenpinfantl2.jpg
1164026863plenoinfantil3.jpg
Descargar todas as imaxes