Escoitar

Goberno e PSdeG-PSOE discuten sobre a adxudicación dos novos aparcadoiros

O portavoz do Goberno municipal, José Manuel Figueroa, defendeu hoxe venres o procedemento aberto para a adxudicación dos novos aparcadoiros subterráneos, ante as críticas realizadas polo concelleiro do PSdeG-PSOE Xulio Calviño.

venres, 17 nov 2006
1163777394chema171106.jpg
O representante socialista adiantou tamén hoxe venres que o seu grupo presentará no próximo pleno unha proposta para que este procedemento se paralice antes do 15 de decemebro. Calviño denunciou a "inseguridade xurídica" do procedemento aberto e advertiu dos contenciosos, que, ao seu ver, causará ao Concello.

En resposta a estas declaracións, José Manuel Figueroa afirmou que para o Concello o procedemento de adxudicación dos novos aparcadoiros "non pon en risco" o equilibrio económico nin das empresas concorrentes nin do Concello.

Grúa

O outro tema de discusión de hoxe venres foi o procedemento de adxudicación do concurso para a xestión da grúa. Xulio Calviño dixo en nome do seu grupo que os socialistas reclamarán proximamente un novo prego de condicións que substitúa o actual. José Manuel Figueroa respondeu que "o Goberno adxudicará o concurso á empresa que faga a mellor proposta e iso dirano os informes e a Mesa de Contratación".

Neste sentido, Figueroa recordou que "temos de 10.000 m2 en réxime de reversión ao Concello", o que significaría, segundo calculou, o ingreso de 1,5 millóns de euros. "Iso é defender os intereses de todos os veciños e veciñas", concluiu.
Descargar todas as imaxes