Escoitar

Corina Porro anuncia a declaración de novas zonas saturadas de ruído

O Concello ten a intención de declarar como zonas saturadas de ruídos as rúas Rosalía de Castro, Inés Pérez de Zeta, Areal, Churruca e a praza de Portugal, segundo anunciou hoxe xoves a alcaldesa, Corina Porro, durante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.

xoves, 16 nov 2006
1163690137xeren161106.jpg
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
Esta declaración significaría que o Concello non daría máis licenzas para abrir locais con música nas zonas mencionadas. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, explicou que esta medida poderá tomarse despois dun procedemento administrativo que se iniciará cando o Concello coñeza as conclusións do estudo sobre ruídos encargado polo Goberno municipal.

Actualmente o Casco Vello xa está declarado como zona saturada de ruído.
Descargar todas as imaxes