A xira de Fito&Fitipaldis chega mañá venres a Vigo
Fito&Fitipaldis, o proxecto musical do intérprete bilbaíno Fito Cabrales, presenta o seu novo traballo discográfico, "Por la boca vive el pez", mañá venres en Vigo, dentro da xira que leva o mesmo nome.
"Por la boca vive el pez" é o cuarto álbum de estudo de Fito Cabrales e obtivo xa o Dobre Disco de Platino ao ter logrado vender máis de 190.000 copias. Fito Cabrales estao presentando en directo nunha xira que o leva ao IFEVI, cun aforo de máis de 8.000 persoas, onde ofrecerá un concerto mañá venres a partir das 21:00 co grupo Zodiacs como teloneiros.
Para responder ás expectativas xeradas, o grupo de traballo do tour preparou unha montaxe e unha posta en escena que inclúe un escenario de 16 metros de boca, 75.000 watios de son, 200.000 watios de luz, dúas pantallas de 12 m2 e un equipo formado por 50 persoas.
Para o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, o concerto de Fiti&Fitipaldis no IFEVI significa que Vigo se está convertendo en "cidade de referencia" dentro dos circuítos de xiras en España. A achega do Concello a este evento musical é de 6.000 euros.
Despois de pasar por Pamplona, Logroño e agora por Vigo, "Por la boca vive el pez" estará na Coruña (pasadomañá sábado), Valencia, San Vicente del Raspeig (Alacante), Barcelona, Zaragoza, Bilbao e Madrid, onde acabará a xira o 28 de decembro.
As entradas para o concerto de mañá venres teñen un prezo de 20 € e pódense comprar anticipadamente a través da web www.caixagalicia.es, así como en taquilla telefónica, chamando ao 902 43 44 43.
Descargar todas as imaxes