Vigo, "Concello de pedra" da Asociación Galega de Graniteiros
A Asociación Galega de Graniteiros decidiu entregar ao Concello de Vigo o premio "Concello de Pedra", co que este colectivo distingue dende hai catro anos a persoas e institucións galegas que fomentan o uso do granito no seu contorno e nas súas cidades.
Así o comunicou hoxe xoves o presidente da Asociación Galega de Graniteiros, Gumersindo Alonso, á alcaldesa de Vigo, Corina Porro, durante o encontro que mantiveron na Alcaldía.
O presidente dos graniteiros galegos salientou o bo uso de materiais como a pedra e o granito nas recentes intervencións urbanas que se levaron a cabo na cidade de Vigo. "Este ano, o Concello de Vigo ten moitos motivos para merecer este galardón polo seu apoio ao uso do granito nas intervencións urbanas e peatonalizacións", declarou Alonso.
A alcaldesa recollerá o galardón o vindeiro 21 de decembro, nun acto no hotel Los Escudos.
Descargar todas as imaxes