O luns remata o prazo para os cursos de "Vivir en parella é cousa de 2"
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou os cursos de carácter gratuíto, dentro da campaña "Vivir en parella é cousa de 2", que se desenvolve no marco do "III Plan municipal de Igualdade de Oportunidades das mulleres e homes do Concello de Vigo 2005-2007". Os cursos celebraranse durante os meses de novembro, decembro e xaneiro.
Son os cursos para homes "Cociñar para compartir" e "Os coidados que necesita a túa roupa", os cursos mixtos "Como podo entenderte?", "Os coidados da infancia" e "O coidado das persoas dependentes", e os cursos para mulleres "Reparacións domésticas básicas" e "Mecánica e electricidade do automóbil".
O período de inscrición remata o día 20 de novembro e as prazas son limitadas.
As inscricións realizaranse no Departamento da Muller, no primeiro andar da Casa do Concello (Tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 horas).
Descargar todas as imaxes