A poetisa María Mariño centra unha edición especial de Festa da Palabra Silenciada
Os actos do Día das Letras Galegas de 2007 xirarán arredor da poetisa María Mariño. Para celebralo, a publicación galega feminista Festa da Palabra Silenciada dedícalle unha edición especial que foi presentada hoxe mércores pola súa directora, María Xosé Queizán, e a concelleira da Muller, Lucía Molares.
Festa da Palabra Silenciada centrou o seu monográfico de 1997 na figura de María Mariño, e agora lembra no seu editorial que daquela esta autora "a penas gozaba de identidade firme e menos aínda de estudos sobre a súa obra".
Para Lucía Molares, este descoñecemento dunha personalidade que María Xosé Queizán cualificou de "senlleira dentro da literatura galega" demostra que a sociedade "non sempre lle dá a importancia que deben ter" ás "importantes contribucións" das mulleres "en todos os ámbitos".
María Mariño naceu en Noia o 8 de xuño de 1907, sendo a cuarta filla dun matrimonio marcado polas difíciles condicións da época. Para as mozas que a coñeceron, a autora de "Palabra no Tempo" foi "unha rapaza solitaria, con inquietudes e desexo de superación". Despois de traballar de costureira na súa vila natal, María Mariño trasladouse coa súa familia a Escarabote (Boiro). A Guerra Civil sorprendeuna durante unha curta estadía no País Basco, ao regreso da cal, outra vez en Escarabote, casou co mestre Roberto Pose Carballido, oito anos máis novo ca ela.
Tras uns anos de residencia no concello de Boiro e breves estadías nunha parroquia de Arzúa e na localidade biscaína de Elantxobe (motivadas pola profesión do seu home), a escritora de "Verba que comenza" instálase no Courel, onde vivirá os últimos 20 anos da súa vida. Este periodo, marcado pola perda dun fillo, dun irmán e da súa nai, será o que vexa nacer os seus primeiros versos, baixo a influencia de Uxío Novoneyra, a quen coñece na aldea de Parada.
María Mariño morreu de leucemia o 19 de maio de 1967 en Parada, cando xa publicara o poemario "Palabra no tempo" e cando xa rematara os derradeiros versos de "Verba que comenza", un libro que se publicaría en 1990 da man do tamén noiés e poeta Avilés de Taramancos.
En opinión de María Xosé Queizán, María Mariño é autora dunha poesía "misteriosa, única", porque "parece que torce a lingua". Para a directora de Festa da Palabra Silenciada, o emprego dunha linguaxe tan especial por parte desta poetisa "non é deliberado", senón que responde á formulación de preguntas "sobre a súa vida", nun exercicio de escrita dirixido a ela mesma.
Descargar todas as imaxes