O MARCO organiza xornadas de portas abertas no seu cuarto aniversario
Por segundo ano consecutivo, e coincidindo coa semana na que se celebra o cuarto aniversario da súa apertura de portas ao público (13 de novembro de 2002), o MARCO organiza varias xornadas de portas abertas nas que será gratuíto o acceso ao museo e ás actividades previstas para eses días.
Neste aniversario 2006, tendo en conta as características das mostras en sala, o son e a pintura son os protagonistas dun programa de actividades que inclúe os obradoiros para familias, a presentación da Paisaxe sonora de Vigo, as visitas ás exposicións para familias e para público en xeral e as proxeccións de ArtFutura no Salón de Actos, entre outras propostas.
Tamén se inclúe nestas xornadas o concerto para bebés do Festival de Música Are-More, cun prezo de 2 euros por entrada.
Tamén se inclúe nestas xornadas o concerto para bebés do Festival de Música Are-More, cun prezo de 2 euros por entrada.