O concelleiro de Patrimonio supervisa os traballos de protección do petroglifo da Laxe
O petroglifo da Laxe, en Sárdoma, está sendo obxecto de obras de actuación arqueolóxica preventiva dentro dun proxecto que realiza unha asistencia técnica contratada polo Servizo de Patrimonio por un importe de 3.100 euros. O concelleiro de Patrimonio, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe martes o lugar.
Esta actuación foi autorizada pola Xunta de Galicia, de acordo co establecido na lexislación vixente. Ten por finalidade a protección do xacemento e inclúe o traballo de campo, a limpeza do petroglifo, a elaboración dun informe valorativo e a redacción dunha memoria técnica.
Por outra parte, a parcela onde está o petroglifo, que é de titularidade municipal, vaise limitar mediante un valado especialmente deseñado para protexer esta parte do patrimonio arqueolóxico de Vigo. Esta actuación ten un orzamento de 2.900 euros.
O petroglifo da Laxe data da Idade de Bronce, arredor do 2.000 AC, cando foron gravadas na pedra varias alabardas ou armas primitivas do mesmo metal que dá nome a ese periodo prehistórico. Xunto a estas representacións encóntranse cruces da era cristiá que testemuñan os intentos posteriores de sacralizar de acordo coa nova relixión os monumentos paganos, atribuídos en épocas pasadas aos "mouros".
O petroglifo da Laxe forma parte do catálogo de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia e está declarado xenericamente Ben de Interese Cultural (BIC) en virtude do disposto na Lei do Patrimonio Histórico Español. Este xacemento arqueolóxico é un dos 140 catalogados no termo municipal de Vigo, pertencentes a un periodo que vai desde a Prehistoria ata a época romana.