Escoitar

Encontro da alcaldesa cos responsables do Banco Etcheverría

A alcaldesa, Corina Porro, mantivo hoxe martes un encontro cos responsables do Banco Etcheverría. O seu presidente, Javier Etcheverría, informou a rexedora dos plans de expansión da entidade decana do mercado bancario español.

martes, 14 nov 2006
1163510011etcheverria.jpg
Banco Etcheverría inaugurará o próximo 28 de novembro de 2006 a súa oficina principal na rúa García Barbón de Vigo. Estas novas instalacións forman parte do plan de expansión que a compañía puxo en marcha hai tres anos na zona sur de Galicia e, máis concretamente, en Vigo.

A chegada desta nova entidade bancaria a Vigo supón para a cidade a implantación de novas oficinas, así como a creación de novos postos de traballo.

O Banco Etcheverría fundouse en 1717 en Betanzos, co que é a entidade decana do mercado bancario español. Na actualidade, a súa rede de oficinas esténdese ás catro provincias galegas e a Madrid.
Descargar todas as imaxes