Escoitar

"O poliño feo" teatro de títeres para escolares no auditorio municipal

Mais de 400 escolares de Vigo asistirán o mércores, día 15, ao espectáculo de títeres "O poliño feo" a cargo da compañía "Viravolta" no auditorio municipal. A actuación está enmarcada na campaña de títere na escola que promove a Deputación Provincial cunto coa Asociación Titerescola e na que colabora o servizo de Educación do Concello de Vigo.

martes, 14 nov 2006
1163513056polofeo.jpg
Ao longo das dúas sesións matinais programadas para escolares ás 10,30 hs e 11,45 hs respectivamente, 472 alumnos/as de educación especial, educación infantil e 1º ciclo de primaria, pertencentes a 16 centros de ensino da cidade, terán a oportunidade de achegarse a disfrutar da referida obra teatral de títeres, ofertada no marco do programa educativo municipal "Vigo por dentro".

Os centros de ensino participantes son os seguintes: Escola infantil O Xardín, colexio Miralba, colexio San José de Cluny, CEIP A Doblada, CEE Saladino Cortizo, CEIP Fonteescura, Colexio Amor de Dios, Colexio Atalaia Cantabria, CEIP Canicouva, CEIP Seis do Nadal, Colexio Barreiro, CEIP Ría de Vigo, CEIP O Pombal, CEIP Carrasqueira, CEIP Escultor Acuña e CEIP San Salvador.

Na sipnose do espectáculo "O poliño feo", Dona Cigoña abandona nun galiñeiro un paquetiño azul destinado a África. Esto provoca líos, enredos, que aos pitiños non lle fan moita gracia

A Compañía Viravolta nace como compañía de teatro no ano 1982, sendo unha característica común en todos os seus espectáculos a utilización de títeres, entendidos dunha maneira moi ampla: de guante, de variña, sombras, obxectos, etc. Os textos non seguen unha norma fixa, ás veces son creacións dos propios componentes do grupo, outras adaptacións de contos populares, de obras teatrais, colaboracións, etc.
Descargar todas as imaxes