Escoitar

Inauguración da exposición "Premios Grandearea de aportación á arquitectura 2005"

A Casa das Artes acolle hoxe martes a exposición e entrega de galardóns dos Premios GRANDEAREA de Aportación á Arquitectura. A mostra consiste en grandes contedores expositivos formando esculturas minimalistas que conteñen maquetas, fotografías, planos e audiovisuais sobre os proxectos premiados.

martes, 14 nov 2006
1163512250arquitecto.jpg
A convocatoria dos premios abrangue ás obras visadas na delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos, principalmente correspondentes a proxectos realizados no sur da provincia de Pontevedra. Nalgúns casos trátase de obras xa executadas mentres que noutros son os proxectos os que se premia.

Nas súas bases se especifica que "os Premios GRANDEAREA de Aportación á arquitectura, convocados anualmente pola delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia supoñen un recoñecemento a Promotores e Arquitectos polo seu labor necesariamente conxunto para obter unha expresión arquitectónica do feito cultural actual".

Os premios son una iniciativa da Delegación de Vigo xurdada hai cinco anos a partir dun acordo de colaboración coa escola de Deseño Aula-D, quen se ocupa do deseño gráfico e da proposta expositiva de cada convocatoria.

Cada trimestre fállase os premios da estación que se expoñen e publican na páxina web www.coag.es/vigo/grandearea

A inauguración da exposición coincide coa entrega dos diplomas acreditativos a arquitectos e promotores das obras.

Esta edición marca un punto de inflexión nos premios xa que por primeira vez realizarase unha itinerancia polos concellos do sur de Pontevedra nos que se concentran a maior parte das obras premiadas. A itinerancia e posible polo convenio de colaboración suscrito entre o Colexio de Arquitectos e Caixagalicia para dar maior difusión á iniciativa.

Premios INVERNO-PRIMAVERA 05

O Xurado estivo formado polos arquitectos:Eduardo Berea Cruz, Belinda Besada Vergara, Perfecto Cendón Puente, Patricia Sabín, Marcial Muñoz Sobrino, Elena Clavería Fontán.

Premiados:

-Reforma de local comercial na rúa Hispanidade 89, do arquitecto Javier Mariño e promotor Juan Pedro Polo Criado
-Vivenda unifamiliar en San Antoniño, Mos, do arquitecto Rodrigo Díez e promotor Fabiana Piedrabuena
-Vivenda unifamiliar na Bouza Grande, na Guarda, do Arquitecto Mauro Lomba e promotor E. A. Ameal Pacheco
-Vivenda unifamiliar no lugar de Viña Grande, en Alcabre, do Arquitecto Alfonso Penela e promotor Ricardo Sirvent

Premios VERÁN OUTONO 05

O Xurado estivo formado polos arquitectos: Covadonga Carrasco López, Milagros Álvarez Conde, Salvador Fraga Rivas, Lourdes Pérez Castro, Marcial Muñoz Sobrino, Elena Clavería Fontán.

Premiados:
-Edificio de interpretación arqueológica na Caeira, Poio, dos arquitectos Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera que ten como promotor ao Concello de Poio
-Vivenda unifamiliar en Portabella, Redondela, do arquitecto Leopoldo Alonso-Lamberti e promotor Juan Ruiz Ruiz
-Vivenda unifamiliar no Paraxe de Vilapouca, Tui, dos Arquitectos Perfecto Cendón e Javier Vázquez e promotora Mª Carmen Núñez Méndez
-Vivenda unifamiliar en Parada, Nigrán, do Arquitecto Javier Mariño e promotor J. B. Aguilar San Isidro e A. Basteiro Díaz
-Vivenda unifamiliar en Amorín, Tomiño, do arquitecto Víctor González Magdalena e promotores J. M. Ferreiros González e M. J. Fernández Vázquez
-Vivenda unifamiliar en Chaín, Gondomar, de Martín de Cominges Carballo e da promotora Vive 21
-Vivenda unifamiliar en Areacoba, Aldán, Cangas, do arquitecto Alfonso Penela Fernández, que tamén é o promotor
-Rehabilitación de vivenda unifamiliar na rúa Álvaro Guitián do arquitecto Gustavo Mallo, que tamén é o promotor.

A exposición que se poderá visitar ata o 10 de decembro está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo e a delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

O horario de visita é de luns a venres: 18.00 – 21.30 horas; sábados: 11.00 – 14.00 horas e 18.00 – 21.30 horas; domingos e festivos: 11.00 – 14.00 horas.
Descargar todas as imaxes