Dúas novas actividades no ARE-MORE
O Festival de Música de Vigo "Are –More" 2006 organiza dúas novas actividades como son unha conferencia para presentar o proxecto "concertos para bebés" e unha clase maxistral sobre Mozart.
O luns, día 20 de novembro, ás 18 horas , no auditorio "Martín Códax" do Conservatorio de Musica de Vigo presentarase o proxecto músico-didáctico "Concerto para bebés. Unha experiencia portuguesa" a cargo de Paulo Lameiro e Roberto Relova. Esta acto está aberto ao profesorado de música e de educación infantil, pediatras e , en xeral, a todos aqueles profesionais interesados.
O venres, 15 de decembro, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa Galega da Cultura, Álvaro Zaldivar, catedrático de Estética e Historia da Música do Conservatorio Superior de Música de Murcia dará unha clase maxistral "CONFUTATIS MALEDICTIS, unha revisión crítica do Requiem de Mozart".