"Conta con Elas" busca a sensibilización do profesorado para conseguir a igualdade
Vinte profesionais do ensino asisitirán desde hoxe mércores ata o próximo 29 de novembro a un curso de sensibilización sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, enmarcado no proxecto "Conta con Elas".
O curso, que ten por título "A transversalidade de xénero no ámbito educativo", é unha das actividades que se levan a cabo en Vigo dentro do Mes da Igualdade e está incluído no plan anual de formación do profesorado 2006-2007 do Centro de Formación de Recursos (CEFORE) de Vigo, dependente da Xunta de Galicia.
Mediante este curso, "Conta con Elas" quere sensibilizar o profesorado con respecto á necesidade de incluír no labor docente a perspectiva de igualdade de oportunidades e facilitar, ademais, ferramentas conceptuais e estratexias para a eliminación dos estereotipos sexistas que poden influír na elección de vocacións e profesións por parte do alumnado.
Os destinatarios principais desta iniciativa son os profesores con funcións de titoría e o persoal dos departamentos de orientación.
"A transversalidade de xénero no ámbito educativo" é o segundo curso co que colabora CEFORE dentro do plan de formación do profesorado. En outubro tivo lugar unha xornada sobre os novos enfoques da educación desde a perspectiva da igualdade de xénero.
O proxecto "Conta con Elas" desenvólvese no marco da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas. A principal ferramenta deste traballo é a sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no traballo.
Descargar todas as imaxes