Escoitar

As esculturas de Igor Mitoraj pódense ver en Vigo ata o día 26

As 22 esculturas de bronce xigantes que conforman a exposición do artistas polaco Igor Mitoraj poderanse ver ata o día 26 de novembro , ampliándose a exposición en sete días máis. A mostra está repartida polas principais rúas do centro da cidade propoñendo o diálogo entre a arte e os cidadáns.

mércores, 15 nov 2006
As obras están distribuídas polo Areal, Alameda, prazas da Constitución e da Princesa , Reconquista e Príncipe.

Igor Mitoraj ten protagonizado numerosas exposicións e intervencións de arte na rúa, recuperando coa súa obra o espírito da arte de Grecia, Roma e dos grandes mestres da escultura do Renacemento. As súas enigmáticas imaxes de deuses, heroes e figuras mitolóxicas toman as rúas de Vigo e preséntanlles os seus interrogantes aos seus cidadáns, grazas a unha iniciativa da Obra Social "la Caixa" coa que colabora o Concello.