Cabral celebra este domingo a súa Festa do Cabazo
A Asociación Cultural "O Coto", de Cabral, celebra este domingo a súa XIX Festa do Cabazo, no Colexio Carballal desa parroquia. Espérase que se consuman uns 10.000 kilos deste froito, fronte aos 8.000 que se prepararon de diversas formas na edición de 2005, cando asistiron unhas 4.000 persoas.
A Festa do Cabazo, que se celebra cada terceiro domingo de novembro desde 1984, naceu do afán de "O Coto" por recuperar e enxalzar un produto que se estaba perdendo. Para iso, os membros da asociación recolleron e deron a coñecer as tradicións culinarias asociadas ao cabazo.
Na Festa prepáranse diferentes pratos nos que o cabazo é o ingrediente principal, como caldo, flans, marmelada, chulas, pan, galletas, pisto, pasteis e mesmo licor de cabazo. Os cabazos son doados polos propios membros de "O Coto" e por veciños de Cabral e doutras parroquias que colaboran desinteresadamente coa Festa.
A xornada de celebración comezará ás 11:30 horas e prolongarase ata o serán. Durante ese tempo realizarase unha pequena degustación gratuíta dalgúns dos pratos feitos con cabazo, amenizada por grupos de música tradiciónal e a banda de música do Ateneo Musical de Bembrive. Ademais, os que se acheguen á festa poderán contemplar unha mostra de artesanía e unha exposición sobre a historia da Festa do Cabazo.
Descargar todas as imaxes