Escoitar

"Tardes e Noites Vivas" cheas de actividades para os xoves

Venres e sábado, dende as 17:00 horas da tarde e ata a 1:30 da madrugada, os mozos e mozas de Vigo poderán divertirse realizando unha morea de actividades no programa de ocio da Concellería de Xuventude "Tardes e Noites Vivas".

xoves, 16 nov 2006
1163680379noites.jpg
Para esta fin de semana está previsto un gran abano de posibilidades, de xeito que calquera mozo ou moza poida atopar algunha que lle interese. Así, pois, poderase conectar coas novas tecnoloxías, practicar deportes, exercitar distintos bailes, aprender cousas novas nos diversos obradoiros, etc.

O venres, día 17:
-No Pavillón deportivo do Instituto do Castro (R/ J.G.Posada Curros,1 Entrada lateral, fronte a pista deportiva) poderase realizar un obradoiro de libretas ecolóxicas, practicar batuka, xogar unha pachanga ao aire libre ou entreterse cos xogos de mesa.
-Na Asociación Xuvenil Cancerbero (R/ Heraclio Botana, 6 – Baixo Esquerda) celebraranse partidas de rol abertas.
-O Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (entrada pola rúa Jacinto Benavente, 1) organizará unha actividade nova en Vigo pero con moito éxito no resto de Europa e incluso en América: Punto e café. Consiste en realizar prendas de punto ao tempo que se comparte un café e unha boa parola cos demais. Tamén se poderá practicar bailes de salón, pór o corpo en forma coa musculación, aprender a facer pinchos e canapés no obradoiro de cociña ou asistir a dous partidos de baloncesto "Vigo en Xogo".
-O Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas) realizará actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, coma un obradoiro de realización de vídeos, conexión wifi, liga de xogos en rede, acceso a internet, chat, messenger e dardos electrónicos. Esta programación completarase con danza oriental, iniciación ao teatro e o "Espazo aberto", unha sala a disposición daqueles e aquelas que queiran quedar para charlar ou xogar ao seu aire empregando os xogos de mesa, o xadrez ou os xogos de enxeño.
-No Pavillón Municipal de Deportes de Coia (na Avda. Castelao) levaranse a cabo actividades deportivas, un campionato de dardos e tamén poderá practicarse batuka.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (R/ Venezuela, 3 – Baixo), celebrarase un torneo de futbolín, un obradoiro de linguaxe de signos e a actividade libre "Faino ti mesmo" con pendentes, chaveiros e carteiras de cómic. Tamén se poderá acceder a internet de forma gratuíta ou pasar pola sala multiusos para quedar cos amigos e amigas e realizar actividades libres coma ping-pong, xogos de mesa, etc.

O sábado, día 18
-No Pavillón deportivo do Instituto do Castro (R/ J.G.Posada Curros,1 Entrada lateral, fronte a pista deportiva) está previsto realizar dous obradoiros moi diferentes: un de libretas ecolóxicas e outro de defensa persoal. Tamén se poderá xogar unha pachanga nocturna ao aire libre ou botar unha partida aos xogos de mesa.
-O Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (entrada pola rúa Jacinto Benavente, 1) continuarán coas súas sesións de danza, que nesta ocasión dedicarán ao baile moderno, e tamén realizarán dous obradoiros, un de repuxado de coiro e outro da botica da avoa con remedios naturais, cremas, xaropes, etc. A sala de musculación estará aberta para os que queiran moldear os seus corpos e celebraranse dous novos encontros do baloncesto "Vigo en xogo".
-No Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas) contan con conexión wifi, internet, chat e messenger. Pero, ademais, realizarán un obradoiro de iniciación a break dance e outro de vídeos, unha liga de risk e outra de xogos en rede, karaoke e dardos electrónicos.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (R/ Venezuela, 3 – Baixo) os obradoiros pensados para esta ocasión son un de iniciación ao italiano e outro de atrapasoños, ademais do obradoiro libre "Faino ti mesmo" de pendentes, chaveiros e carteiras de cómic. Para os máis deportistas celebrarase unha pachanga de futbito e, para os que non o son, estará a disposición o acceso a internet e a sala multiusos.

Cada unha destas actividades teñen un horario determinado dentro do intervalo que vai dende as 17:00 ata a 1:30 da madrugada.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31) Tfno. 986 294 806 ou na web www. xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes