Escoitar

O Cidade de Vigo de freestyle perfílase como unha gran cita para o motocross

Vigo será sede o próximo 16 de decembro dun grande espectáculo do motociclismo coa celebración do I Freestyle Internacional Cidade de Vigo de motocross. A competición terá lugar no IFEVI.

venres, 17 nov 2006
1163774731motocross171106.jpg
A organización, que corre a cargo do Moto Bike Sport Club, está traballando intensamente en todos os preparativos para que Vigo teña un dos mellores espectáculos dentro da modalidade de Freestyle do panorama español.

O cartel de pilotos que se está confeccionando inclúe o número un do freestyle en Europa, Edgar Torronteras, e o campión da Copa de España, José Miralles, e outras figuras destacadas desta modalidade, como a do estadounidense Beau Bamburg.

As entradas poderanse adquirir a través de El Corte Inglés e Caixa Galicia.
1163774731motocross171106.jpg
1163774740freestyle1.jpg
Descargar todas as imaxes