Escoitar

34 proxectos de arquitectura na Casa das Artes

A Casa das Artes presenta desde hoxe a VIII Bienal de Arquitectura Española coa exposición dos mellores 34 proxectos de arquitectura realizados por estudios a nivel estatal, aínda que as obras se realizasen no estranxeiro ou obras de estudios estranxeiros construídas en España.

martes, 21 nov 2006
1164108734aulariouniversidad2.jpg
Aulario de Vigo
Os Premios concédense con carácter bianual entre aquelas obras que merezan ser destacadas "como elementos culturais e profesionais para o coñecemento, a reflexión histórica e a investigación do quefacer arquitectónico español". Á octava edición do certame presentáronse case 400 traballos, finalizados durante os anos 2003 e 2004. Deles, 34 propostas quedaron finalistas e foron seleccionadas para a exposición tras a reunión dun xurado presidido pola Directora do certame, a arquitecta Dolores Alonso, e integrado polos arquitectos Victoria Acebo, José Morales, Andrés Perea e Joan Roig; o profesor de Estética e Teoría das Artes Fernando Castro e un representante de cada unha das institucións que organizan a Bienal.

Nesta octava edición os galardonados foron o estudio barcelonés EMBT Arquitectes, "Premio Manuel de la Dehesa" polo proxecto Parlamento de Edimburgo, Escocia, e o arquitecto bilbaíno menor de 40 anos Eduardo Arroyo, "Premio Enric Miralles" polo proxecto Estadio de fútbol Lasesarre, Barakaldo. Asimesmo o xurado otorgou a mención especial ao proxecto Explanada Forum 2004 e Planta Fotovoltaica de Barcelona dos arquitectos José Antonio Martínez Lapeña e Elías Torres i Tur.

Segundo o xurado, o Parlamento de Edimburgo, de EMBT Arquitectes, destaca " pola intensa creatividade que transmite, con lugares que abrigan novas experiencias e emocións, xenerando ámbitos de liberdade", mentres que o estadio de Lasesarre de Eduardo Arroyo, conseguiu "atopar novo sentido aos elementos dun programa deportivo convencional". Asimesmo, o xurado destacou como mención especial o acerto da Estación Fotovoltaica de Elías Torres e José Antonio Martínez Lapeña ao converter "unha infraestructura ata agora molesta e perturbadora en material conformador dun espazo público que será referente para o futuro".

O resto de obras seleccionadas que poderán visitarse na exposición mostran proxectos tan diversos como o MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo de León), un centro de atención primaria en Girona, unha piscina flotante sobre o río Spree en Alemaña, a casa sacerdotal de Plasencia, a Torre Woermann das Palmas de Gran Canaria, o Centro de Convencións Internacional de Barcelona, o cemiterio de Moraleja (Cáceres) ou a biblioteca e campus universitario do Bierzo en Ponferrada.

As dúas obras galegas galardonadas son unha obra oficial da Universidade de Vigo, que foi premiada nesta edición pola urbanización do Campus Universitario de Vigo, obra do estudio EMBT Arquitectes Associats e a vivienda Temporal en Sanxenxo de Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Castro.
Descargar todas as imaxes