A Comisión de Ruído acorda unha modificación da ordenanza municipal
A Comisión Municipal de Ruídos tivo coñecemento, na xuntanza celebrada hoxe, do informe técnico de medición de niveis de ruído no exterior para determinar as zonas saturadas por acumulación de ruídos debido á repercusión polo desenvolvemento das actividades de ocio en horario nocturno.
Conforme á lexislación municipal vixente as rúas que se detallan preséntanse como saturadas por acumulación de ruídos en horario nocturno: Pontevedra, Rosalía de Castro (I), Alfonso XIII, Areal, Rosalía de Castro (II), Montero Ríos, Rogelio Abalde, Martín Códax, Lepanto, Urzáiz, Inés Pérez de Ceta, República Arxentina, Colón, García Barbón (I), Churrruca, Cervantes, Luís Taboada, Praza de Compostela, García Barbón (II) e Uruguai.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, informou que o próximo xoves a comisión presentará unha proposta para modificar a ordenanza municipal de ruídos para adaptarase á lei autonómica e ter as maiores garantías xurídicas . Nesa reunión, segundo adiantou o concelleiro , presentarase tamén o conxunto de denuncias presentadas por ruído.
A comisión aprobou a incorporación á mesma da Asociación Viguesa Contra o Ruído e acordou reunirse os últimos xoves de cada mes de cara a ir buscando novas medidas sobre esta casuística que afecta as grandes cidades. Nese senso Figueroa lembrou que o mapa de ruídos deberá estar rematado entre os próximos meses de abril e maio.
Descargar todas as imaxes