Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 24 nov 2006
ORDE DO DIA para a sesión ordinaria que terá lugar o día 27 de NOVEMBRO de 2006, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

1.- Acta anterior (sesión 11.09.06).

2.- Toma de posesión do cargo de don Abel Losada Álvarez

3.- Dar conta de escrito do voceiro do Grupo municipal do PSdeG-PSOE polo que comunica novos representantes do devandito grupo nas comisións informativas.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
4.- Autorización de implementación da partida de productividade no orzamento da Xerencia Municipal de Urbanismo. Expte. 2055/407.

XESTIÓN MUNICIPAL
5.- Autorización de implementación da partida de productividade do orzamento do Concello (Modificación orzamentaria mediante transferencia de créditos). Expte. 168801/220.

6.- Autorización de implementación na partida de productividade no orzamento da Escola Municipal de Artes e Oficios (Modificación orzamentaria mediante transferencia de crédito).

7.- Modificación orzamentaria mediante transferencia de crédito no orzamento do IMD, ó obxecto de implementar os créditos das partidas de productividade e gratificacións.

8.- Modificación do cadro de persoal do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias, Vigo-Zoo. (Amortización de dous postos de traballo).

9.- Modificación orzamentaria 141/06. Suplemento de crédito por importe total de 571.330,82 euros. (Transferencia corrente á Xerencia de Urbanismo 471.330,82 € e combustible e carburantes 100.000 €).

10.- Aprobación incial do Regulamento do fondo de acción social dos traballadores da Escola Municipal de Artes e Oficios.

ASUNTOS SOCIAIS
11.- Proposta de nomear un vial como "Clara Campoamor".

12.- Proposta de nomear viais na parroquia de Castrelos como "Camiño do Carro" e "Camiño das tres Cruces".

MOCIÓNS
13.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ó concurso para a construcción de seis aparcadoiros soterrados de uso mixto.

14.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ás funcións do "Visioncar".

15.- Moción do Grupo municipal do PG relativa as comunicacións en automóbil por Peinador.

16.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a instalación dunha rede de hidrantes no periurbán.

17.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando o acondicionamento de fontes en Valladares.

18.- Rogos e preguntas.

Pleno Extraordinario

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 27 de NOVEMBRO de 2006, ó remate do Pleno ordinario convocado para as nove horas da mesma data, no salón de Plenos deste Concello.


UNICO.- Declaración institucional polo Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.