Campaña de concienciación social contra a violencia ás mulleres
A concelleira de Muller, Lucía Molares, fixo entrega esta mañá á directora de Recursos Humanos do Centro Hospitalario de Vigo, Belén Baltar, de 5.100 cartas con insignias da Campaña "Eu non son cómplice" para os traballadores e traballadoras do CHUVI. O acto, que se celebrou nas instalacións do centro hospitalario, enmárcase dentro do día Internacional contra a Violencia de Xénero e simboliza o rexeitamento do sector sanitario a "Ser Complices" da violencia que se exerce sobre as mulleres.
O colectivo sanitario é un dos que, no seu día a día, teñen contacto directo coas mulleres víctimas da violencia de xénero no seus postos de traballo. O seu firme rexeitamento contra a violencia é peza fundamental para a prevención dos malos tratos. Por iso, o Concello de Vigo quixo implicar a esta Administración na Campaña institucional de sensibilización social "Non máis cómplices da violencia contra as mulleres. Eu non son cómplice", aprobada no pleno da Corporación Municipal en novembro de 2003.
O Concello de Vigo, a través da Concellería da Muller, ven traballando dende hai moitos anos na posta en marcha de medidas e programas dirixidos a sensibilizar e concienciar a toda a cidadanía, así como ofrecendo apoio profesional, e socio-familiar ás mulleres que sofren a violencia. A campaña "Eu non son cómplice" leva tres anos concienciando ós diferentes sectores da sociedade viguesa: o comercio, o deporte, o ensino, a xuventude, o tecido asociativo, e agora, a sanidade.
A denuncia continuada, tanto polas institucións como polos medios de comunicación, non parecen abondar para que se produza un cambio radical na postura individual e colectiva fronte o terrible fenómeno. No que vai de ano morreron 81 mulleres como consecuencia da violencia de xénero.
A implicación do sector sanitario, facendo súa a campaña, co rexeitamento activo da violencia de xénero, é unha peza fundamental na prevención dos malos tratos.
Descargar todas as imaxes