Escoitar

Presentación do informe sobre a contaminación acústica en Vigo

"A contaminación acústica nocturna na cidade de Vigo" e o título do libro presentado hoxe pola alcaldesa, Corina Porro e o Valedor do Cidadán, Luis Espada no que se analiza a situación dos ruídos relacionados co ocio e a recollida de residuos en varias rúas da cidade e a súa repercusión nas vivendas.

venres, 24 nov 2006
1164380588libroruidos.jpg
Tanto a alcaldesa como o Valedor coinciden en sinalar que o ruído é "un prezo do progreso" e que a contaminación acústica é un problema no que estamos implicados todo: administrador e administrado.

A publicación realizada pola oficina do Valedor abarca unha actividad investigadora de 15 meses de traballo centrada en tres actuacións principais: análise da situación acústica nocturna en zonas xeográficas da cidade relacionadas con actividades de locais de ocio; análise da situación acústica en entornos xeográficos derivada de operacións nocturnas de recollida de residuos urbanos e unha avaliación acústica ambiental de niveis sonoros de inmisión en vivendas situadas nas zonas relacionadas con actividades de locais de ocio.

Entre as propostas para combater a contaminación acústica, Corina Porro, sinala a posibilidade de a creación dun centro municipal de acústica que se encargaría de realizar os ensaios de control de ruídos; campañas de formación para concienciar á cidadanía dos seus dereitos e deberes ante este tipo de contaminación e un estricto cumprimento da ordenanza municipal de ruídos.
Descargar todas as imaxes