Escoitar

Últimos días da exposición "Os Hernández,ourives de Vigo"

O próximo xoves, día 30 de novembro clausúrase a exposición "Os Hernández, ourives de Vigo", que se está a mostrar no Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León". Por outra banda, o martes 28 ás 17,00 h. realizarase unha visita guiada á mesma que contará coa participación do orfebre Eloy Hernández e da comisaria da exposición Mariel Larriba.

luns, 27 nov 2006
1164628082ourives.jpg
A exposición inaugurada no 28 de xuño xa foi visitada por máis de 6.500 persoas e conta co patrocinio da Fundación Caixagalicia a través do convenio de colaboración co Concello de Vigo para a realización de actividades culturais.

Saliéntase o valor artístico da producción do obradoiro de ourivería "Hermanos Hernández" a través dun cento de obras que permiten afondar no movemento de modernidade suscitado pola creatividade destes ourives na evolución artística da cidade, permitindo unha nova ollada á tradición plástica viguesa.

As pezas expostas proceden da colección dos Irmáns Hernández, pero tamén se incluen obras cedidas pola Fundación Celta de Vigo, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, os herdeiros de Tomás Sobrino Mirambel e o Bispado da Diocese de Tui-Vigo. No catálogo da exposición inclúense textos de especialistas na obra dos Hernández, como son José Carlos Brasas Egido, Juan Manuel Monterrroso, Eloy Hernández Rollán, Mariel Larriba Leira e o cronista da cidade Lalo Vázquez Xil.

Visita guiada

O martes día 28 de novembro ás 17,00 h. realizarase unha visita guiada á exposición que contará coa participación do orfebre Eloy Hernández e da comisaria da exposición Mariel Larriba. Como as prazas son limitadas compre confirmar a reserva previa para a visita guiada no teléfono do Museo (986-295 070 / -75).

Audioguías

O Museo dispón de audioguías para os visitantes que as soliciten na recepción; en galego, castelán ou inglés. As explicacións para a visita tamén se poden descargar dende a web do Museo, en formato MP3, nos seguinte enderezos http://www.museodevigo.org/expo_hernandez_gal.php ou
http://www.museodevigo.org/expo_hernandez_es.php

Con destino ao profesorado tamén se elaborou un documento de traballo que se pode descargar dende o enderezo http://www.museodevigo.org/docs/didactica_hernandez.pdf

Horario da exposición

Martes a venres: de 10,00 a 13,30 h (visitas grupais concertadas) / de 17,00 h a 20,00 h
Sábado. 17,00 a 20,00 h.
Domingos e festivos: de 10,00 a 13,30 h
Luns: Pechada.

Ficha Museo

Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León"
Parque de Castrelos s/n 36213 Vigo
Telfs: 986-295 070 / -75. Fax: 986-239 372
Correo electónico: museocastrelos@vigo.org
Web: www.museodevigo.org
Descargar todas as imaxes