O plan de actuacion do Casco Vello contempla vivendas para xente moza
O Consorcio para a rehabilitación do Casco Vello aprobou o Plan de Actuación que prevé programas de vivenda, urbanización, dotacións, comercio, acción social e turismo. Así acordouse na reunión que mantivo esta mañá o Consorcio e que presidiu a alcaldesa, Corina Porro e a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas.