O plan de actuacion do Casco Vello contempla vivendas para xente moza
O Consorcio para a rehabilitación do Casco Vello aprobou o Plan de Actuación que prevé programas de vivenda, urbanización, dotacións, comercio, acción social e turismo. Así acordouse na reunión que mantivo esta mañá o Consorcio e que presidiu a alcaldesa, Corina Porro e a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas.
O Plan de Actuación desenvolve as liñas de traballo para a recuperación integral do Casco Vello de Vigo. Na zona alta –barrio de San Sebastián- o Plan contempla a dotación de 200 vivendas de protección autonómica, en alugamento, de renda básica, de prezo concertado e protexidos para xoves e maiores, ademais das axudas á rehabilitación. As dotacións para esta zona destinaranse , entre outros , a usos para a Universidade como unha sala de lectura, residencias de profesores itinerantes , punto de información e equipamento administrativo. A intervención no programa comercial destina 6.000 m2 para este uso.
A urbanización da parte baixa do Casco Vello sigue os modelos xa implantados nos últimos anos, engadido melloras e conservando os seus valores históricos e adaptándoo ás necesidades da poboación actual con equipamentos culturais, sociais , administrativos, axudas á rehabilitación e a creación dunha bolsa de locais comerciais.
Na reunión do Consorcio presentouse un informe para iniciar os trámites de separación da Zona Franca neste organismo e aprobouse un orzamento de 628.000 euros para o exercicio 2007. Este presuposto incrementarse cos dotacións económicas mediante convenios coa Consellería de Vivenda e Solo e Concello de Vigo.