Escoitar

O Pleno incrementa a partida de productividade ao persoal

A Corporación Municipal aprobou incrementar a partida de productividade nos orzamentos da Xerencia Municipal de Urbanismo e o Concello en 47.000 euros e 1.132.819 , respectivamente, nun pleno celebrado hoxe no que tomou posesión como novo concelleiro do PSdG-PSOE da Corporación Municipal de Vigo, Abel Losada Álvarez.

luns, 27 nov 2006
1164634302pleno27.1jpg
Tamén se acordou o incremento , polo mesmo concepto, para o persoal da Escola Municipal de Artes e Oficios e do Instituto Municipal do Deportes. Por outra banda aprobouse a modificación orzamentaria autorizando un suplemento de crédito por un importe total de 571.330 euros da Xerencia Municipal de Urbanismo.

O Pleno acordou dar o nome de Clara Campoamor ao vial que comeza no cemiterio de Pereiro e remata na Cidade Universitaria. Calara Campoamos nade en Madrid en 1888. É considerada como unha das nais do movemento feminista e sufraxista en España, sendo unha das primeiras deputadas das primeiras Cortes da II República. Defensora da igualdade de dereitos da muller, foi unha das impulsoras da aprobación do voto feminino nas segundas eleccións republicanas, así como da primeira lei de divorcio.

Asemesmo acordouse nomear como "camiño do Carro" e "Camiño das tres cruces" dous viais da parroquia de Castrelos.

Mocións

O Pleno aprobou, cos votos do PSdG-PSOE e BNG, as mocións presentadas polo grupo socialista relativas ás funcións do "Visioncar" e a do concurso para a construcción de seis aparcadoiros soterrados de uso mixto.

A moción sobre o multa móbil solicita que "a alcaldesa retire as funcións sancionadoras que veñen sendo as exclusivas do vehículo "visioncar ", que o goberno defina o procedemento legal de uso deste instrumento e que sexa supervisado pola Comisión de Xestión Municipal, e mentres dedicalo a outras funcións para as que tamén está concibido: estudios de circulación, estacionamento, busca de vehículos roubados…que poidan contribuír á mellora do tráfico da cidade"

Na moción relativa aos aparcadoiros solicítase á "alcaldesa e á Xunta Local de Goberno a interrupción inmediata do proceso de contratación dos aparcamentos soterrados de uso mixto, reclamando de novo a realización da consulta á Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, cumprindo así o acordo plenario de setembro, como único xeito, con razoable seguridade xurídica, de poder continuar o proceso de contratación dos aparcadoiros soterrados de uso mixto previstos".

Aprobáronse por unanimidade a moción do grupo municipal do PG relativa as comunicacións en automóbil por Peinador; a do grupo municipal do BNG instando a instalación dunha rede de hidrantes no periurbán e a do grupo municipal do PSdeG-PSOE instando o acondicionamento de fontes en Valladares.
1164634302pleno27.1jpg
1164634358abellosada.jpg
Descargar todas as imaxes