O Verbum será escenario en outubro dun festival de contadores de historias
Historias de toda a vida contadas por e para xente de hoxe en día. Esta é a proposta dos cinco transmisores da tradición oral que actuarán, do 6 ao 29 de outubro, no Festival Internacional de Contadores de Historias "Verbum Volat". O obxectivo: reivindicar o poder da palabra falada.
O programa deste evento componse de catro actuacións para adultos e unha para nenos no museo Verbum-Casa das Palabras. Para os maiores, o Festival comezará o día 6 de outubro coas "autoestradas e corredoiras" de Quico Cadaval, unha arenga coa que este contacontos galego e en galego intentará demostrar que a circulación entre o popular e o culto é máis fluída do que algúns sospeitan.
O día 13 será Ângelo Torres quen conte, en portugués, as historias que os seus, especialmente a súa avoa, lle foron transmitindo desde a súa infancia en África e que se convertiron no "único elo" durante o "ping-pong" que o levou da Guiné Ecuatorial a Portugal, pasando por Sao Tomé e Príncipe e Cuba.
Da bisbarra de Sanabria chegará o día 22 José Luis Gutiérrez "Guti", gaiteiro, cantador, bailador e sobre todo contador de historias no leonés, galego e castelán que conflúen na pequena localidade onde reside. Guti procura conservar toda a orixinalidade das narracións da súa terra para facer que chegue a públicos que en moitos casos carecen de referentes rurais.
Ignacio Sanz, folclorista, escritor de ficcións e narrador oral natural de Lastras de Cuéllar (Segovia), clausurará a programación para adultos do Festival o 29 de outubro cos seus brindes, historias , lendas e contos arredor do viño "que nos fixo cristiáns, que diría o gran don Álvaro Cunqueiro".
Todas estas actuacións comezarán ás 20:00 horas e o prezo da entrada para cada sesión será de tres euros. Tamén se pode quitar un abono o primeiro día e acudir ás catro actuacións polo prezo de tres.
Programa infantil
As narracións para nenos correrán a cargo do galego Celso Fernández Sanmartín, cuxo repertorio está composto por contos, historias e memorias ligadas a tradición oral galega e tamén á europea, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre e adaptadas cun toque contemporáneo para que os nenos e as nenas vexan que "tamén son actuais, que aquí as están e non coma pezas de museo".
As sesións serán os días 8, 15, 22 e 29 de outubro ás 12:00 e custarán un euro. Tanto para estas actuacións como para as do programa para adultos, o director do Verbum, Lois Cea, pregou puntualidade, xa que unha sesión de contacontos "non é unha película".
Na presentación do Festival, hoxe xoves no Concello, ademais de Lois Cea, estivo o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, quen afirmou que "a palabra é o medio de comunicación máis importante" e avogou por "recuperar os contos que lembramos dos nosos pais e avós". A presentación contou tamén coa presenza do contador de historias Avelino González, quen asegurou, no nome do seu colectivo, que "confiamos na palabra falada máis que na palabra escrita".
Descargar todas as imaxes