luns, 25 setembro 2006

Turismo convoca un concurso de fotografía

luns, 25 set 2006

A concelleira Lucía Molares presentou o 1º Concurso de Fotografía Turismo de Vigo co obxecto de promover os recursos turísticos coa participación cidadá en torno a esta idea e desenvolver unha serie de actividades complementarias en torno ao turismo. As fotografías terán como tema a cidade de Vigo en calquera dos seus aspectos turísticos: náutica, gastronomía, natureza, cultura, etnografía…

O mércores remata o prazo de inscrición da Escola Municipal de Danza

luns, 25 set 2006

<br /> A <a href='http://hoxe.vigo.org/escoladedanza/'>Escola Municipal de Danza </a>do Concello de Vigo principia proximamente un novo curso polo que as persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores 27 de setembro nas dependencias da escola, situada no soto do Concello. A Escola presenta unha oferta de iniciación en música e movemento, danza para escolares e adultos e percusión tradicional.