Escoitar

O mércores remata o prazo de inscrición da Escola Municipal de Danza

<br /> A <a href='http://hoxe.vigo.org/escoladedanza/'>Escola Municipal de Danza </a>do Concello de Vigo principia proximamente un novo curso polo que as persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores 27 de setembro nas dependencias da escola, situada no soto do Concello. A Escola presenta unha oferta de iniciación en música e movemento, danza para escolares e adultos e percusión tradicional.

luns, 25 set 2006
1159183087escoladanza.jpg
Os prezos da matrícula polo curso completo son de 18 € para o alumnado de danza de 4 a 7 anos; 24 € para maiores de 8 anos e 12 € para o alumnado de percursión.

A oferta complementaria consta de actividades nas que pode participar o alumnado coas que se pretende fomentar a difusión da cultura vencellada á danza tradicional. Entre outras, está a asistencia a cursos monográficos, festivais, museos e saídas ao campo.

A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo foi creada en 1979 e, dende aquela, milleiros de vigueses aprenderon e familiarizáronse coas danzas tradicionais galegas. Moitos dos seus alumnos son transmisores do folclore a través doutros grupos espallados por Vigo ou outros concellos.

Os festivais e actividades organizados pola Escola Municipal de Danza son o "Festival na punta do pé", "Festival dos reencontros", "Día da Muiñeira", "Festival Folclórico Concello de Vigo", "Mostra do Traxe", "Enxalzamento do traxe" e "Xornadas de música e danza tradicionais".

Os interesados poden conseguir máis información sobre horarios, prezos e matrícula no teléfono 986-810 167 ou na súa páxina web http//hoxe.vigo.org/escoladedanza/
Descargar todas as imaxes