Escoitar

Turismo convoca un concurso de fotografía

A concelleira Lucía Molares presentou o 1º Concurso de Fotografía Turismo de Vigo co obxecto de promover os recursos turísticos coa participación cidadá en torno a esta idea e desenvolver unha serie de actividades complementarias en torno ao turismo. As fotografías terán como tema a cidade de Vigo en calquera dos seus aspectos turísticos: náutica, gastronomía, natureza, cultura, etnografía…

luns, 25 set 2006
1159187587Ria02.jpg
Ao concurso poderán participar todas as persoas físicas, maiores de idade, residentes en España e de calquera nacionalidade que o desexen. O prazo para presentar os traballo é ata o 30 de outubro.

Os premios que se establecen son:
- Primeiro premio: Colección de fotografías premiadas con 1.200 euros.
- Segundo premio: Colección de fotografías premiadas con 800 euros.
- Terceiro premio: Colección de fotografías premiadas con 500 euros.
- Tres accésit: Para 3 coleccións de fotografías, premiadas con 200 €.
Descargar todas as imaxes

Máis información