Aprobada unha achega de 21.400 euros para o proxecto da vila romana de Toralla
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns unha achega adicional duns 21.400 euros para ampliar o proxecto de investigación e musealización da vila romana de Toralla, que forma parte da renovación dun convenio de colaboración entre a Universidade e o Concello de Vigo.
Deste xeito, a anualidade prevista para o exercicio económico de 2006 na renovación do convenio increméntase ata os 86.100 euros. A achega municipal correspondente á renovación do convenio, aprobada pola Xunta de Goberno en abril de 2005, era de 150.800 euros, dos que 86.100 corresponderon ao exercicio de 2005 e 64.700 correspondían ao de 2006.
O convenio entre a Universidade e o Concello establece "actuacións complementarias" que o Concello deberá impulsar, como son a musealización do xacemento, a construción do Centro de Interpretación e a dotación e execución material do proxecto museográfico. O que se procura con isto é que o conxunto do proxecto se execute no menor tempo posible.
As obras do proxecto arquitectónico, adxudicadas en decembro de 2005, xa levan varios meses de execución e teñen feito saír á luz a necesidade de novas actuacións. Así, o Departamento de Patrimonio Histórico propón que se amplíe a área de escavación no perfil norte (onde podería haber unha salina romana) e que se talen e retiren dúas árbores para reaxustar o trazado do camiño perimetral superior de visita ao xacemento.
Descargar todas as imaxes