Escoitar
MULLER

Inscrición no programa de animación sociocultural "Mollémonos. O camiño elíxelo ti"

venres, 22 set 2006
A Concellería da Muller do Concello de Vigo informa que do 25 de setembro ao 13 de outubro de 2006 comenza o prazo para a inscrición no programa de actividades de formación e animación sociocultural "Mollémonos. O camiño elíxelo ti", correspondente ao primeiro cuatrimestre (16 de outubro de 2006 ao 18 de febreiro de 2007).

As inscricións realizaranse nas diferentes asociacións e vocalías da muller de Vigo.

Destinatarias: Mulleres maiores de 18 anos.

Relación de cursos: Ioga, Ritmos latinos, Arranxo floral, Pilates, Coñecerse e quererse, Ximnasia de mantemento, Arte, Fotografía, Adestramento da memoria, Elaboración de licores caseiros, Risoterapía, Esmalte en frío, Como mellorar a comunicación co outro sexo, Ritmo, xogos e diversión, Galegas e galegos na historia, Coiro, One Stroke-multicarga do pincel, Pintura decorativa sobre tea, Técnicas ornamentais aplicadas sobre o cristal, Marquetería, Expresividade a través da música, Restauración de mobles, Emprego e autoemprego, Informática, Serigrafía con estaño, cobre e latón, Taichi e Chi-kung, Quiromasaxe, Emerxencias dómesticas e Áreas decorativas e flores de xabón.

As entidades que colaboran no programa poderán cobrar ata un máximo de 7 euros, por alumna, en concepto de matrícula.

Inscricións: Nas asociacións e vocalías da muller das asociacións veciñais.

Máis información: Na Concellería da Muller.1ª planta da Casa do Concello.Telefóno 986-810 284 ou na páxina web do Concello: www.vigo.org.