mércores, 20 setembro 2006

A "Cidade do Atlántico" busca sona internacional como destino turístico

A alcaldesa, Corina Porro, e a concelleira de Turismo, Lucía Molares, presentaron hoxe mércores os novos proxectos turísticos para os anos 2006 e 2007. Con eles, o Goberno municipal quere avanzar sobre o xa conseguido co programa de traballo actualmente vixente e posicionar a Vigo, a medio prazo, como cidade de referencia do turismo náutico-urbano do Atlántico peninsular.

O Concello toma medidas ante a chegada da tormenta tropical Gordon

mércores, 20 set 2006

Concelleiros e responsables de varios servizos municipais reuníronse hoxe mércores a primeira hora da mañá para prepararen a resposta do Concello á chegada, a partir das últimas horas da noite, dos restos do furacán Gordon, que se prevé deixen ventos de ata 120 kilómetros por hora e chuvias que poden chegar aos 60 litros por metro cadrado.

Novos cursos de formación e animación sociocultural para mulleres

mércores, 20 set 2006

A Concellería da Muller, en colaboración coas vogalías da muller das asociacións veciñais, organiza un ano máis o programa municipal de cursos de formación e animación sociocultural " Mollémonos. O camiño elíxelo ti" destinados a mulleres maiores de 18 anos.