O Foro Logistic-A abre no IFEVI
A segunda edición do Foro Logistic-A, que se celebra os días 20 e 21 de setembro no Instituto Feiral de Vigo, contará coa participación de especialistas nacionais e internacionais do sector que converterán a Vigo en punto de referencia da loxística no noroeste peninsular. Paralelamente, o Bussines Center Logistic-A contará coa participación de máis de medio centenar de firmas.
Os visitantes ao business poderán establecer contactos con medio centenar de empresas, de diferentes sectores da loxística tales como: Vasco Galega de Consignaciones, Iberia Cargo, Gecoinsa, SDF, Renfe, Logisma, Locatel Flotas, Petrotec, Inosat, Moviloc, Gestrans.....entre outros.
O Foro Logistic-A está orientado a dar unha visión teórica e práctica sobre a loxística, determinar as novas tendencias do sector e xerar sinerxías entre as empresas do sector. O foro leva o título "a loxística" como factor de competitividade: tendencias e intemporalidade e o papel da loxística no desenvolvemento sostible. Entre os participantes estarán o director xeral de Transportes do Ministerio de Fomento, Juan Miguel Sánchez; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Cabaleiro; o director da Fundación ICIL, Luís E. Doménech; o presidente do Ente Público Portos do Estado, Mariano Navas; o presidente do Consello de Administración do Porto de Lisboa, Manuel Frasquillo ou o presidente do Comité Nacional de Transporte, Ovidio de Rózaa...entre outros.
Descargar todas as imaxes