Escoitar

O Marco acolle un curso de arte e medio ambiente

A alcaldesa e presidenta da Fundación Marco, Corina Porro, asinou un convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia , e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do curso " Revelación do lugar.Arte e Medio Ambiente", que se celebra dende hoxe luns ata o vindeiro sábado, 23 de setembro, nas instalacións do Marco. O curso forma parte dos actos do 25 aniversario do <a href='http://www.parlamentodegalicia.com/contenido/GAL/pags/index.htm'> Parlamento de Galicia</a>.

luns, 18 set 2006
1158582985sinaturamarco.jpeg
Corina Porro, Dolores Villarino e Alberto Gago
O seminario consta dun total de nove conferencias complementadas con proxeccións de material audiovisual e está dirixido ao público en xeral e aos alumnos das facultades de Belas Artes, Xeografía e Historia, Filosofía, Humanidades e disciplinas afíns en particular.

De acordo co convenio , a Universidade comprométese a conceder un crédito de libre configuración aos estudantes que asistan ao seminario. O Parlamento de Galicia é o encargado do financiamento da programación e realización do seminario e a Fundación MARCO asume a organización e realización do curso.

O seminario forma parte da programación para a celebración dos 25 anos do Parlamento de Galicia co lema común do "Diálogo" e que esta semana se dirixirá á cidade de Vigo, baixo o tema de desenvolvemento sostible. Así, o venres e o sábado terán lugar os actos "Reflexión, responsabilidade, reacción. Diálogos sostibles", que se celebrarán no Pazo de San Roque , as Illas Cíes e a rúa do Príncipe.
Descargar todas as imaxes